ASOCIACIÓN CULTURAL "CÁNTIGAS E FRORES"
(Reconocimientos)

 

 


LO QUE DICEN DE NOSOTROS


LA CONCEJALA DE CULTURA Y TURISMO DEL EXCMO. AYUNTAMIENTO DE LUGO EN EL SAN FROILÁN 2005

Hai algunhas entidades que, a pesar de seren legalmente asociacións de carácter privado, teñen tamén unha dimensión institucional evidente. Polo seu longo arraigo, pola súa continua actividade, CÁNTIGAS E FRORES é unha desas institucións que forma parte do patrimonio cultural e social dunha cidade. Son cerca de sesenta anos de historia os que ten detrás como asociación, pero en realidade as súas raíces son máis antigas, pois a través doutras agrupacións previas CÁNTIGAS E FLORES prézase de remontar a súa xenealoxía ó glorioso Orfeón Galego creado e dirixido polo noso gran músico Xoán Montes.

A música e a danza populares afunden as súas raíces nas néboas da historia. Os pobos crean e modifican constantemente as súas formas artísticas, e constitúen grandes sistemas que se afirman e evolucionan dunha maneira case misteriosa. Naturalmente, sempre existiu unha interrelación entre a música popular e a chamada "culta", pero tamén é verdade que durante séculos pareceu haber un fondo divorcio entre eses dous mundos, debido a un certo desprezo que os músicos profesionais chegaron a profesar ás creacións populares.

O Romanticismo significou un descubrimento e unha nova valoración do popular por parte da intelectualidade, e nomeadamente por parte dos músicos, e en consecuencia polos coreógrafos. De pronto, a música e as danzas populares foron consideradas non como formas artísticas degradadas, senón como formas depuradas pola sabedoría popular a través das xeracións. De pronto, os compositores "cultos" empezaron a estudar e a usar o acervo musical tradicional para as súas composicións. A chamada música nacionalista tivo en Galicia representantes tan ilustres coma Xoán Montes ou Pascual Veiga, que escribiron novas músicas a partir das formas populares, crearon orfeóns e corais, e conformaron un movemento musical en paralelo co rexurdimento da lingua e da literatura encabezado por Rosalía, Curros e Pondal, que eran os seus amigos e compañeiros.

Desta liña descende CÁNTIGAS E FRORES, que hoxe, en pleno século XXI, segue traballando cunha música e unhas danzas con raíces que se afunden na noite dos tempos, pero que continúan vivas grazas a agrupacións coma esta, xeradas por un pobo que non quere esquecer as súas tradicións e o seu patrimonio cultural.


CONCEPCIÓN BURGO LÓPEZ
Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo


SALUDO DEL EX-PRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES

Unha cultura milenaria

A cultura non é un simple elemento externo de calquera grupo social, é a forma substancial da propia sociedade, a expresión máis cabal das súas prioridades e dos seus valores. A cultura é a mostra de como concibe un pobo o ben e a beleza, é, en suma, o mellor reflexo de todo un pobo.

Polo tanto, a cultura galega terá que ser sempre o alicerce de toda a nosa acción colectiva. O poder máis importante é o da cultura; porque cultura é xustamente a resposta que o home dá á natureza, a actividade creadora do home para atender ás súas necesidades de autorrealización. En resume, todo aquelo que o home vai creando para os seus propios fins, é o que chamamos cultura.

Hoxe, cando estamos asistindo nesta final de milenio, a un novo e brillante rexurdir da cultura propia de Galicia, debemos de transmitirlle ás xeracións máis novas todo o misterio íntimo da beleza e da milenaria tradición cultural galega.

A noca cultura, tal e como chegou ata nós, ten o seu baseamento nos nosos rascos de identidade propios, que van desde a lingua galega, ata outros moitos elementos fundamentais da nosa personalidade colectiva, incluído o noso rico folclore que afunde as súas raíces na expresión máis enxebre e popular, na alma do pobo galego.

A cultura galega constitúe hoxe un conxunto unido e a súa defensa e promoción é a mellor maneira da autoidentificación dun pobo que quere vivir conforme ás esixencias do noso tempo pero que non renuncia a ningunha das súas expresións culturais acumuladas durante dous mil anos.

Por iso, quero brindarlle o meu saúdo á Asociación Cultural "Cántigas e Frores" de Lugo, que cumpre medio século de existencia e que ten demostrado, ó longo dunha dilatada traxectoria, un labor de defensa e de recuperación da nosa danza e música tradicionais. Vaia pois, o meu agradecemento para todos aqueles que desde "Cántigas e Frores" teñen demostrado con orgullo que o noso folclore é algo vivo e consubstancial ó noso pobo, polo que entrará con máis forza que nunca no novo século que se aveciña.

MANUEL FRAGA IRIBARNE
Presidente da Xunta de Galicia

(Presidente de honra de "Cántigas e Frores")


EL EX-PRESIDENTE DE LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES

A lo largo de la historia todo pueblo, estirpe o civilización ha sido singular o distintiva al identificarse con una serie de valores y rasgos característicos tales como sus costumbres, sus tradiciones y especialmente sus manifestaciones culturales y folklóricas.

Por poco que escudriñemos en el más inmediato o lejano pasado de la historia de la provincia de Lugo nos encontraremos con innumerables retazos de nuestra cultura inmaterial, abundante refranero, variedad de dichos populares, sugerentes pasajes legendarios, etc.

Pero, si cabe, en cualquier rincón de nuestra geografía nos toparemos con la más variada gama de evocadoras danzas y bailes, de melodiosas "Cantigas" y ritmos entrañables.

La Diputación Provincial de Lugo, conocedora de nuestra riqueza etnográfica y folklórica, a través de diferentes actuaciones y programas de ámbito cultural, ha venido ya no sólo apoyando el estudio y puesta en práctica de este eminente valor identificador, sino estimulando la proliferación de grupos y asociaciones que tienen como fin preservar esta faceta de nuestro acervo popular.

Precisamente una de las sociedades señeras en la exaltación y difusión de nuestro folklore ha sido la agrupación "Cántigas e Frores", la cual en tantas ocasiones nos ha venido demostrando su gran labor en la proyección folklórica de nuestra provincia, tanto dentro como fuera del país. Su mayor prestigio, alcanzado por méritos propios y a lo largo de toda una trayectoria con innumerables premios y distinciones, llega a su cénit con ocasión de la conmemoración de su 50 aniversario que ahora celebramos, y que fervientemente deseo sirva únicamente de prolegómeno para alcanzar nuevos éxitos en décadas venideras.

Si los pueblos se inmortalizan por el arraigo de sus esencias culturales, y éstas en buena medida se deben a la actividad que generan asociaciones como "Cántigas e Frores", desde la Diputación Provincial de Lugo, Institución que me honro en presidir, quisiera transmitir nuestra más coridla enhorabuena tanto a directivos como a integrantes, actuales o anteriores de "Cántigas e Frores", al haber alcanzado con éxito el medio siglo de existencia y después de haberse consolidado como auténtico baluarte de cara a las actuales y futuras generaciones, de uno de los valores que más definen la historia de nuestras gentes mediante la transmisión de los más puros sentimientos a través de la danza y el folklore en sus múltiples, rítmicas, "enxebres" y siempre emotivas y cautivadoras versiones.

FRANCISCO CACHARRO PARDO
Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Lugo

(Presidente de Honra de "Cántigas e Frores")


EL EX-ALCALDE DE LUGO, JOAQUÍN MARÍA GARCÍA DÍEZ EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES

"Cántigas e Frores", toda unha institución.

Falar en Lugo da agrupación "Cántigas e Frores" é falar de toda unha institución. Calquera referencia ó folclore local dos derradeiros anos ten que pasar obrigatoriamente pola mención desta agrupación tan nosa e que sempre, por méritos propios e polo agarimo que ten ós lucenses, está presente nas celebracións da cidade.

Ó longo dos anos, "Cántigas e Frores" foi investigando as raíces galegas e luguesas e foi recuperando pezas folclóricas que nos fan sentirnos orgullosos da nosa música e da nosa danza.

A agrupación ten detrás o traballo calado de moitas persoas durante moitos anos e, como alcalde de Lugo, quero aproveita-la ocasión para facerlles chegar, en nome de tódolos lucenses, o noso recoñecemento e gratitude polo seu labor.

"Cántigas e Frores" conta cun ben moi prezado. Non hai lugués o que se lle pregunte por unha agrupación folclórica de Lugo que sen ter que pensalo dúas veces non diga "Cántigas e Frores". Sode-la nosa referencia cultural e, por iso, penso que tedes moitos motivos para festexar por todo o alto o voso 50 aniversario. Dende logo, todos nós temos tamén moitos motivos para estarmos agradecidos.

Gracias pola vosa dedicación, polo voso entusiasmo e polo voso saber facer,

JOAQUÍN MARÍA GARCÍA DÍEZ
ALCALDE DE LUGO

(Socio de honra de "Cántigas e Frores")


D. ANTONIO AMEIJIDE GONZÁLEZ EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES

Aprovecho complacido la oportunidad que me brinda el presidente de "Cántigas e Frores", con motivo de la celebración de los 50 años de vida de esta agrupación, para manifestar mi admiración por la labor que la misma ha venido realizando desde su constitución en 1948.

Mi agradecimiento como lucense ya que, con sus actuaciones y éxitos en una gran parte de nuestra nación y de la hermana Portugal, han llevado el nombre de Lugo con todo orgullo, haciendo vibrar con sus voces, en sonido de las gaitas y la galanura de sus danzas, no sólo a los gallegos en la distancia sino a los naturales de aquellas tierras que visitaban.

Un recuerdo emocionado para aquellos hombres y mujeres que, procedentes de las masas corales "Cántigas e Aturuxos" y "Frores e Silveiras", con su fusión en un solo coro y tomando la primera palabra de cada uno de sus coros constituyeron las raíces de la actual "Cántigas e Frores", poniendo todo su corazón en la interpretación de las mejores canciones del folklore gallego. Y para los que más tarde vinieron a completar el espíritu de aquella agrupación dando todo lo que tenían para demostrar, con la filigrana de sus bailes, la belleza de aquellas muiñeiras de Chantada o de Lugo, la carballesa de O Incio, etc.

En la memoria se entremezclan los recueros imborrables de muchas horas acompañando a ésta agrupación, por razones de mi trabajo primero y posteriormente por haber sido designado delegado de la misma. Momentos agradables cuando sus actuaciones se veían recompensadas por los aplausos de aquellas gentes que, en distintos lugares de España y Portugal, premiaban el buen hacer y la entrega de sus componentes. Momentos difíciles en los que había que poner en juego todas las influencias y recomendaciones en conseguir los permisos necesarios para que todos ellos pudieran desplazarse, faltando a su trabajo cotidiano durante los días necesarios para poder atender a las numerosas invitaciones que se recibían para actuar. Largas horas de tedio en los desplazamientos en autocares lentos que hacían interminables los trayectos que había que recorrer para llegar al destino. Aquellos autobuses de Burozos, La Directa, Raúl de Sarria, etc. que eran casi los únicos de los que se podía disponer en la década de los años cincuenta, cuando se tardaban casi doce horas en el desplazamiento a Madrid...Pero en todos los casos predominaba siempre la alegría de saber que, al cabo de las horas más o menos largas, la actuación programada se iba a realizar y el éxito era indudable, y por consiguiente el esfuerzo iba a verse compensado.

A aquellos componentes de "Cántigas e Frores" que ya nos han dejado, quiero enviarles mi recuerdo con una fervorosa oración, y a los que todavía están con nosotros, un abrazo entrañable y cariñoso. Muchas gracias a todos.

Y para el actual presidente, Julio Méndez Menéndez de Llano, mi cordial y afectuosa enhorabuena por la labor que, bajo su presidencia, está realizando "Cántigas e Frores" en los momentos actuales y desearle los mayores éxitos en los años sucesivos, en los que no dudo continuará para hacer que esta asociación continúe desarrollando la magnífica labor que, hasta la fecha, ha venido realizando.

ANTONIO AMEIJIDE GONZÁLEZ

(Presidente de honra de "Cántigas e Frores")


D. JUAN JOSÉ LINARES MARTIÁÑEZ EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES


Mi primer contacto con la asociación cultural "Cántigas e Frores" si mi memoria no me engaña, tuvo lugar por los años cincuenta, concretamente en 1954, con motivo de las fiesta patronales de San Froilán. Yo formaba parte del grupo de danzas y canciones de E. y D. de A Coruña, como maestro de baile y bailarín del mismo.

Ya entonces me llamó la atención el bien hacer de su coro y la maestría del grupo de baile. En esa época hice buenas amistades; recuerdo a Inés Fernández y a su hermano Pepe, al cual me encontré más tarde como concejal del Ayuntamiento de Lugo.

Si en aquel momento me dicen que llegaría a tener una relación tan intensa y que llegaría a querer a "Cántigas e Frores" tanto como hoy lo siento, no me lo hubiera creído. Este cariño nació producido por la admiración que siento desde mi reencuentro por el año 73 o 74. Hace casi 25 años, en que coincidimos con motivo de la preparación de unos festivales que se celebraban en el estadio Santiago Bernabeu. Me parece estar viviendo aquellos momentos en que Julio Méndez me invitó a Lugo con el fin de poder montar algún baile para el grupo y recibir algunas clases. Recuerdo que fuen la primera Semana Santa que pasé en esa bonita ciudad. Lo cierto es que desde ese momento no falté ningún año a la cita, lo cual me dió motivos para conocer a "Cántigas e Frores" en profundidad y seguir su trayectoria el pro de la tradición gallega, tanto en el aspecto de la danza como en otros (música, costumbres, canciones, etc.).

"Cántigas e Frores" fue la primera asociación en crear un curso de danzas, curso que se continúa realizando y que este año cumple su 16ª edición. Fue también la promotora, como socio fundador de la Federación Española de Agrupaciones de Folklore y de la Federación Gallega de Grupos de Danza; trabajó intensamente en el primer Congreso de Folclore de las Comunidades y Nacionalidades Históricas celebrado en Santiago de compostela en el año 1985; llevó el nombre de Lugo y de Galicia a muchos lugares, dando a conocer la belleza de nuestras danzas y músicas tradicionales...

¿Qué más puedo decir yo que toda mi vida he luchado por que se mantengan las tradiciones, no solo gallega sinó de toda España?.

Desde esta oportunidad que se me brinda, quiero agradecer y felicitar a "CÁNTIGAS E FRORES", así, con mayúsculas, por su labor, su andadura y su lucha permanente por dar a conocer la belleza, riqueza y valor de nuestras tradiciones.

JUAN JOSÉ LINARES MARTIÁÑEZ
Coreóreógrafo e Membro Fundador da FEAF

(Socio de honra de "Cántigas e Frores")


EL EX-PRESIDENTE DE CÁNTIGAS, JULIO MÉNDEZ MENÉNDEZ DE LLANO EN EL CINCUENTENARIO DE CÁNTIGAS E FRORES

Nesta celebración dos cincuenta anos de "Cántigas e Frores", na que teño a honra de presidir esta asociación, podería facer un longo resumo das eventualidades polas que, en distintos momentos, houbo que tomar vieiros que moitas veces non eran os que desexaban os seus membros; pero non é o que procede.

O certo é que nos cincuenta anos a asociación consolidouse na cidade de Lugo e ven mantendo unha traxectoria uniforme, respectando sempre os seus antecedentes, sen pechar as súas portas ás novas tendencias culturais e mesmo á recreación e actualización das tradicións.

Como consecuencia do camiño andado, están consolidadas as escolas que temos funcionando desde outubro a xuño, cada ano.

Tamén en 1998 celebramos a 16ª edición do curso de folclore galego. Foron moitas persoas as que participaron neste cursos, ós que teñen asistido xentes de toda España, Europa, América e incluso de Oceanía.

Todo esto son realidades da historia recente desta asociación. Desde o meu criterio, o mellor de "Cántigas e Frores" teño que destacalo en tres apartados:
1. Os milleiros de nenos e nenas que se iniciaron no baile e na música de Galicia ó través das nosas escolas.
2. O centos de descendentes de galegos que desde outras Comunidades do Estado ou desde países lonxanos que, ó través das nosas actividades, tiveron a oportunidade de vivir de cerca a cultura dos seus pais ou avós.
3. Os fondos e emotivos momentos nos que puidemos levar a nosa cultura a homes e mulleres galegos que están lonxe da súa terra desde hai moitos anos.

Aínda que hai moitas outras razóns de satisfacción, so por estas tres xa compensa o emprego do tempo e do esforzo.

Réstame expresa-lo desexo de que "Cántigas e Frores" poida seguir polo mesmo vieiro sen atrancos e que desde xa os rapaces e rapazas asuman a responsabilidade de poñerse ó fronte da asociación e enchela de novas ideas e nova enerxía.

JULIO MÉNDEZ MENÉNDEZ DE LLANO
Ex-Presidente de Cántigas e Frores

Presidente de Honra da Asociación


ALGUNOS PREMIOS Y RECONOCIMIENTOS


Ano Mes Día Lugar Premio
1948 9   Vigo 2º premio en el concurso regional de coros gallegos
1950 8 20 Vigo 1º premio en el concurso regional de coros gallegos (compartido).
1953     Madrid Concurso Internacional. 1er premio
1954     San Sebastián 1º premio en danzas y 2º en coros
1955     Madrid 1º premio en danzas
1997     Lugo
La Asociación de Vecinos, Comerciantes e Industriales de La Milagrosa, nombra "MILAGROSISTA DEL AÑO" a Cántigas e Frores. Se recoge el galardón en un acto celebrado el día 12 de diciembre
1998     Lugo
La Asociación de Radio y Televisón de Lugo nombra a Cántigas e Frores "LUCENSE DEL AÑO"
1998     Lugo La Asociación de Antiguos Alumnos de la Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón acuerda entregar la Medalla de la misma a Cántigas e Frores