ASOCIACIÓN CULTURAL "CÁNTIGAS E FRORES"
(Outras Actividades)

 

 


OUTRAS ACTIVIDADES


Ademáis das actividades xa comentadas das escolas, actuacións e festivais, Cántigas desenrola habitualmente, ainda que dun xeito ocasional, outras tarefas encamiñadas a:

  • Estudar, fomentar e divulgar a cultura tradicional galega.
  • Crear un arquivo fonográfico, videográfico e bibliográfico sobre a actividade da asociación, co material recollido durante os 56 anos da súa existencia.
  • Editar de publicacións.
  • Asesorar a entidades públicas e privadas de ámbito local no relativo á música e ó baile tradicionais (p. ex. pertencendo ó Consello de Cultura do Concello de Lugo).
  • Organizar cursos específicos e seminarios.
  • Realizar encontros de música e baile tradicional.
  • Facer exposicións de artesanía e fotografía.
  • Realizar viaxes e visitas formativas e de lecer.
Destacamos tamén as actividades de lecer que realizamos tódolos anos, como son os magostos, as homenaxes, e as ceas de celebracións. Aquí, coma en tódolo norte (da península, de Europa, de...) celebramos tódolo celebrable comendo dabondo e bebendo algo menos. E facémo-lo cunha chea de productos maioritariamente propios (castañas, chourizos, grelos, tódalas partes do porco, viño, augardente, ...). Este tipo de actividades están abertas a tódolos socios de Cántigas dun xeito gratuíto. Pensamos que o xantar tamén é unha forma da Cultura Tradicional.