ASOCIACIÓN CULTURAL "CÁNTIGAS E FRORES"
(Novas)

 

 

Actualizado: 23 /03/2015


FESTIVAL DE ESCOLAS


Será o vindeiro domingo, día 29 de marzo de 2015. Terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a partir das 12:00.


 


ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O XXXIII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL 2015

2, 3 e 4 de abril de 2015


Aberto o prazo de inscrición para o XXXIII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’. Este celebrarase os días 2, 3 e 4 de abril en Lugo.

Lugar de celebración:

Local Social da Asociación Cultural Cántigas e Frores"
Nave de Asociacións, Local 10 (Acceso Lateral da Nave)
PARQUE DA MILAGROSA S/N
AVENIDA Infanta Elena, DUQUESA DE LUGO - LUGO

Os mestres cos contamos para esta edición son:

1 - TÉCNICAS DE GAITA: PEDRO D. LAMAS

2 - TÉCNICAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL: MIGUEL ANXO LÓPEZ "CHINO"

3 - TÉCNICAS DE BAILE TRADICIONAL: JAVIER FEIJOO "CHISCO"

4 - TÉCNICAS DE CANTO TRADICIONAL: XELA CONDE

 

INSCRICIÓNS

Os datos precisos para a inscrición son:

- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfonos
- Enderezo, código postal e localidade
- Enderezo electrónico
- Especialidade na que solicita inscribirse. Cada persoa soamente poderase inscribir nunha especialidade, os alumnos de técnicas de gaita, percusión, canto e pandeireta e zanfona deberán asistir cos correspondentes instrumentos musicais.

COMPRE ADXUNTAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DA MATRICULA

As inscricións pódense enviar a:

cantigasefrores1948@gmail.com

ou ao fax

982229966

Prezo da matrícula: 40€, agás 30€ para socios/as da "Asociación Cultural Cántigas e Frores" ou da "Asociación de Gaiteiros Galegos".

PAGAMENTO NA CONTA DE ABANCA: ES43-2080-0152-69-3040026419

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.

Os gastos de estadía en Lugo correrán a cargo dos asistentes ao curso.

 

Contamos con todos vos !!!

 

u