ASOCIACIÓN CULTURAL "CÁNTIGAS E FRORES"
(Actividades)

17/11/2008

 


PRINCIPAIS ACTIVIDADES


As escolas de Cántigas e Frores acollen a máis de 180 alumnos cada ano, ademais dos 120 que asisten ó “Curso de cultura tradicional Galega” na Semana Santa.

Estes alumnos agrúpanse nas distintas actividades docentes nos grupos infantís, xuvenís e de adultos (iniciación e perfeccionamento) de gaita, percusión tradicional, baile tradicional, acrodeón, violín, zanfona, canto e pandeireta.

Outras das actividades máis recoñecidas e agradecidas polos socios son as actuacións dos grupos de gaitas (normalmente en formación de cuarteto), banda de gaitas e grupo de baile, que se desenvolven normalmente por todo o Estado español.

Entre as actividades tamén destacan a organización do “Curso de cultura tradicional Galega”, celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa, que acadou no ano 2007 a súa XXV edición. A este curso asisten músicos e bailarines de todo o Estado e, en ocasións, de outros países.

Outra actividade destacada é a organización do Festival de Música e Baile Tradicionais de San Froilán, organizado por Cántigas e Frores con grupos de todo o Estado, durante as festas de San Froilán, que teñen lugar no mes de Outubro. No ano 2008 acadou a VI edición. Está patrocinado polo Excmo. Concello de Lugo.


EMPREGO DOS LOCAIS, CO HORARIO DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES

Para ve-los horarios, pulse aquí